Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Alemaña é o país con máis inspectores/as de traballo

27-05-2024 - SAÚDE LABORAL

Ata o día de hoxe, 150 países ratificaron o Convenio de Inspección do Traballo da OIT de 1947 (Nº 81), que esixe, entre outras cousas, que os inspectores laborais aseguren o cumprimento das disposicións legais relacionadas coas condicións de traballo e a protección dos traballadores/as mentres realizan o seu traballo, incluíndo a súa seguridade, saúde e benestar.

Segundo estimacións da Organización Internacional do Traballo (OIT), case 3 millóns de persoas morreron por accidentes laborais e enfermidades en 2019, a maioría causada por enfermidades ocupacionais (89%) e ao redor do 11% debido a accidentes laborais.Tamén houbo 395 millóns de traballadores que sufriron lesións laborais non mortais. Un estudo conxunto da Organización Mundial da Saúde (OMS) e a OIT demostrou que a exposición a longas xornadas laborais foi o factor de risco coa maior carga de enfermidade relacionada co traballo en 2016. Causou máis do 39% das mortes atribuíbles a enfermidades ocupacionais ese ano. Neste contexto, en 2022, a Conferencia Internacional do Traballo engadiu a seguridade e saúde aos Principios e Dereitos Fundamentais no Traballo.

Afortalar a inspección laboral perante os cambios

Na OIT sinalan que os desafíos tradicionais do mercado laboral seguen presentes e que, ademais, xorden novos desafíos. A informalidade, a globalización, a dixitalización, os cambios nas relacións laborais… son impulsos que requiren fortalecer a inspección laboral para protexer ás persoas traballadoras e garantir o cumprimento da lexislación laboral.

Con todo, as limitacións de recursos e as reformas lexislativas e institucionais, poden dificultar que cumpran o seu papel de maneira eficiente e efectiva nalgúns países do mundo.

Os datos de ILOSTAT (Axencia Estatística da OIT) mostran que o número de inspectores laborais varía dun país a outro. O tamaño do Esatado e o volume da poboación activa inflúen pero a realidade é que a proporción de inspectores por 10,000 empregados non supera os 4 en ningún lugar do mundo, segundo os últimos datos dispoñibles. De feito, na metade dos 78 países con datos, hai menos de 0,58 inspectores por cada 10.000 traballadores/as. A media é un pouco máis alta nos países de ingresos altos, con 0,84 inspectores/as por cada 10.000 traballadores en comparación con 0,41 en países de ingresos medios altos e 0,47 en países de ingresos medios baixos e baixos.

Por países Alemaña destaca como o estado con máis inspectores/as de traballo cun total de 6.009 especialistas. Inclúen os dez países que contan con máis profesionais adicados a esta función, séguenlle: Xapón, con 3.094 inspectores/as; Brasil con 2.775; Francia con 2.175; República de Corea con 2.126; España con 2.115; Sudáfrica con 1.931; Polonia con 1.539; Romanía con 1.394; e Estados Unidos con 1.067.

Se se ten en conta o cociente de inspectores/as por cada 10.000 empregados/as a lista dos dez primeiros países encabézaa San Marino cun cálculo de 3,89 especialistas; seguido de: Seychelles con 3,09; Luxemburgo con 2,76; Macao (China) con 2,65; Mauricio con 2,58; Romanía con 1,80; Macedonia do Norte con 1,70; Belize con 1,44; Alemaña con 1,41; e Finlandia con 1,40.

FONTE: Prevención Integral

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS